<!-- @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } P { margin-bottom: 0.21cm } -->

EXPOSICIÓN NA QUE PARTICIPA O VOSO PROFESOR DE PLÁSTICA

“Áncora no alén 14 gravados e dous poemas para Lugrís”

En 2009 un grupo de artistas plásticos, Branda, Carmen Cierto, Inma Doval, Karlom López, Manoel Bonabal, Manuel Silvestre, o propio Nacho Baamonde, Nando Lestón, Omar Kessel, Roberto Castro, Rubén Fenice, Sebas Anxo, Sindo Cerviño e Víctor Espiñeira, decidiran facer unha homenaxe ao pintor Urbano Lugris, proxecto ao que se uniran con dous poemas Ramiro Torres e cunha abordaxe crítica Carlos Lafuente.

O resultado é este conxunto de gravados e poemas reunidos sobre o nome de “Áncora no alén”, que permaneceu exposta até o 26 de Marzo na Asociación Cultural Alexandre Bóveda, prevendo percorrer máis espazos por todo o país (finalizará en Novembro-Decembro no Muséu do Gravado de Ribeira).

Só hai vinte exemplares das obras de todos os participantes, dos que catro están aínda á venda para quen estiver interesado.

Os dous poemas de Ramiro Torres:

A ancora baixa en nós
Até a cámara esquecida:
Subitamente respiran
Os animais alí debuxados
Na súa desnudez primeira.
Traen á nosa superficie
Os ollos sabios e verazes,
As súas pequenas árbores
Nacendo sobre as cabezas,
Como a luz serena da
noite En que volvemos, sempre,
Ao inicio do canto da unión.

O ollo multiplícase en rutas infinitas,
Abre o seu diamante labrado na noite,
Entre o respirar dos océanos agochados en si:
Ouve o seu propio caer sobre as cidades
A abrir portas deseñadas no seu abismo.
Toda a forza gardada en séculos vén suxeitar
Os movementos das mans, no seu habitar
Outro tempo assinalador de illas intactas.
Levar, perdendo o peso das nosas
Vidas sobre as areas encantadas,
Ao espazo esculpindo-se transparente,
Chamándonos á luz emerxida ante ti.

Reunir todos estes traballos foi un esforzo frutífero, que permitiu comprobar a vixencia da figura de Lugris na actualidade, esparegida en distintas perspectivas creadoras que pensan no seu exemplo unha das chaves magnéticas con que abrir novos espazos para a imaxinación e a Liberdade, camiños máis precisos aínda estes tempos en que estamos.