Facebook Twitter Google +1     Admin

Graffiti e anamorfosis

A comunidade hispánica "boamistura" organizou un proxecto de arte nas favelas de São Paulo para traspasar valores usando as pinturas e a cor, introducindo palabras que significan moito e son moi importantes para ese lugar como "beleza" ou "orgullo" entre outras. co truco visual e gráfico da anamorfose moi ben feita podemos descubrir unha fotografías ben interesantes e fermosas. poderíamos facelo nós tamén. Podedes ver as fotografías dos traballos nesta páxina:

Fotos proxecto "Luz nas Vielas"

ou na imaxe.


07/03/2012 16:15 plasticanxo Enlace permanente. DEBUXO ARTISTICO No hay comentarios. Comentar.

Andy Glodsworthy

Obra impresionante do artista do Land Art Andy Woldsworthy. Atopa a inspiración na natureza e con ela xoga. os materiais son dela mesma e ordenados con formas simples que hai nela tamén. para recrear a vista nestas minivacances nas que tanto se reivindica a simbiose coa natureza tamén. Apertas alumnos/as.

20/02/2012 17:39 plasticanxo Enlace permanente. ESCULTURA No hay comentarios. Comentar.

photoshop para cociñar

Adobe Photoshop Cook from Lait Noir on Vimeo.

Adobe Photoshop Cook from Lait Noir on Vimeo.

Unha voltiña sobre cousas curiosas como a deste video. Resulta que cociñamos coa axuda do photoshop. A utilización do stopmotion de obxectos como se estivésemos utilizando o programa de adobe, para facer unhas galletas. Quen utilizou o programa algunha vez vai sacarlle máis dun sorriso.

15/02/2012 11:10 plasticanxo Enlace permanente. DESENHO VISUAL No hay comentarios. Comentar.

Traballos en Plástica e Visual

Esta serie de fotografías foron feitas sobre os traballos dos alumnos e alumnas de 4º de ESO. O tema era facer mediante reciclaxe e outros materiais un prototipo acabado dunha papeleira e que tivese unha forma atractiva e novedosa. Baixo a supervisión da profesora de Plástica temos unha serie de deseños fermosísimos e simpáticos. Ne a mesma tenda famosa Sueca o pode igualar...

09/02/2012 10:37 plasticanxo Enlace permanente. 4º ESO No hay comentarios. Comentar.

Obxectos creativos. para Deseño de 2º. Ideas

20111122223107-usage-unique-03-1.jpg

Descubrimento das transformacións de obxectos do cotián polo artista francés Lelièvre Suzy con sede en París. A metamorfose de mobiliario moi orixinal e desprazado a un proxecto artístico e renderização. Atope en imaxes no seu portfolio e do resto do artigo.

Preme sobre a palabra para velo en FUBIZ ou neste outro para velo no seu portofoleo. Que o desfrutes.

22/11/2011 22:28 plasticanxo Enlace permanente. DESENHO VISUAL No hay comentarios. Comentar.

Debuxos a Lápiz de manuel franquelo na galería Malborough

Coa técnica de Lápiz sobre táboa ou papel e aguadas pódense conseguir cousas tan realistas coma estas dun gran artista. Para ir desfrutando do debuxo artístico.

28/10/2011 11:30 plasticanxo Enlace permanente. DEBUXO ARTISTICO No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras

Contrato Coloriuris